REDES SOCIALES

Sígueme en Instagram Sígueme en WhatsApp Sígueme en Facebook Sígueme en YouTube Sígueme en TikTok  Sígueme en Twitter

CONTACTA CON NOSOTROS

Nome

Correo electrónico *

Mensaxe *

RANKING SOCIO



A todos os socios do Club Triatlón Atlántico

Estimados socios:

Queremos informarvos que Luis Velo será o encargado da Clasificación de Puntos do Club.

Luis é un triatleta experimentado e cunha gran traxectoria no Club. É unha persoa moi comprometida co deporte e co Club, e estamos seguros de que fará un gran traballo.

A Clasificación de Puntos é unha ferramenta que utilizamos para premiar a regularidade dos nosos membros. Énchese coas carreiras que fai cada integrante, e téñense en conta a distancia, os tempos  e a clasificación final, etc.

Para que Luis poida cubrir correctamente a Clasificación de Puntos, pedímoslle que lle informe de todas as carreiras que faga. Podes facelo enviandolle  un privado por whatsaap.


Agradecemos a súa colaboración.

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Aquí intentaremos colgar un enlace a Excel del ranking anual de socios 


LUIS VELO:

Hola a tod@s!

A idea é ir rexistrando dende o 1 de xaneiro todas as probas nas que participen os socios do clube. 

En cada proba que participedes, escribideme por privado, e eu pídovos os datos e encárgome eu de pasalos ó excel para que así non teñades excusas🧐

En principio, utilizaremos o excel creado por don @Fede Triatlon Coruña Fede no que abarca numerosas disciplinas, distancias, modalidades etc. 

Ó final da tempada, mostrarase a clasificación e a directiva mostrase predisposta a entregar uns premios/beneficios (que se concretarán máis adiante xa que ahora mismo hai outras prioridades) ós deportistas que máis puntos consigan. 

En resumo, tedes que participar baixo este clube no maior número de probas posibles. Tras facelo, faládesme por privado e do resto xa me encargo eu ✌🏽

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CAMISETA BENVIDA